Os vehículos clásicos tomarán a vila de Sarria o 5 de xuño

SarriaXa
El Club Clásicos de Sarria está organizando la segunda concentración de vehículos clásicos para el próximo 5 de junio.
club clasicos sarria8
25 Abr 2022

A praza da vila de Sarria e a sociedade A Unión serán o entorno elixido polo club Clásicos de Sarria para celebrar a segunda concentración de vehículos antigos.

A primeira edición celebrada en 2019 tivo unha gran acollida, participaron preto de 120 vehículos e, coa volta á normalidade, o grupo busca retomar a súa actividade celebrando o próximo 5 de xuño esta xuntanza. As inscricións para poder participar abriranse proximamente.

O club está a preparar na actualidade a ruta que realizarán os vehículos e os seus condutores, estase buscando que coñezan os lugares máis emblemáticos da zona. Na primeira edición realizaron un roteiro de 40 quilómetros pola zona de Sarria, Samos e Láncara.

Xa en Sarria, os vehículos quedarán expostos na praza da Vila e A Unión, desta forma os veciños e curiosos poderán achegarse a desfrutar destes vehículos. Ademais, será no local da Unión onde se celebre unha comida de confraternidade onde haberá animación musical.

Nesta semana abriranse as inscricións. Os organizadores prevén éxito de participación despois de ter recibido xa chamadas de interesados dende Cataluña, País Vasco e Asturias.

Ademais, o club está a organizar e preparar tamén un Rally de regularidade en Sarria, con vistas a poder celebralo no mes de xullo.

0.14950084686279