Os vindeiros 8 e 9 de setembro celebrarase no Concello de Sarria a romaría dos Remedios
SarriaXa
Durante os dous días, haberá misas desde as 08.00 horas na capela e a maior será ás 13.00 horas
28 Ago 2024
Os vindeiros 8, domingo, e 9, luns, de setembro celebrarase no Concello de Sarria a romaría dos Remedios.
Durante os dous días, haberá misas desde as 08.00 horas na capela e a maior será ás 13.00 horas, seguida de procesión, pero a protagonista será a festa e verbena con diferentes agrupacións musicais.
O domingo día 8 estará a Orquestra Sinfonía, a Charanga de Paradela durante a mañá e pola tarde noite volverá a Orquestra Sinfonía para amenizar a tarde e tamén estará a Charanga Louband.
Pola súa parte, o luns, o protagonismo será para Los Españoles e o solista Dani Pardo, que estarán tanto na xornada da mañá como da noite poñendo a música para que a veciñanza desfrute dunhas grandes festas.