Os Way Watchers do colexio da Merced de Sarria visitaron o Concello
O pasado venres visitaron o concello os “ Way Watchers”, alumnos do Colexio da Mercé. Demostraron estar moi comprometidos coa importancia do Camiño de Santiago e propuxéronlle ao alcalde acciones necesarias para a mellora do roteiro xacobeo ao seu paso por Sarria.
Tralo encontro o Concello agradece a preocupación e interese deste grupo polo camiño. Afirma que todas as iniciativas que lles propuxeron son necesarias. E confirma que aquelas nas que ten autoridade están xa a traballar nelas malia que non todas son da súa competencia.
Os Way Watchers son alumnos de 2º da ESO que están a traballar en diferentes propostas para facer o Camiño dun xeito máis sostible e mellorar o entorno próximo ao centro. Tamén presentaron os chalecos que levan en cada saída mensual que realizan dentro do proxecto "Mirando polo Camino".
O alumnado de 2º de ESO, transformase en “Vixiantes do Camiño” e encárganse de facer unha limpeza e acondicionamento do Camiño na contorna da escola.
O Camiño de Santiago e o tránsito dos peregrinos son unha imaxe cotiá para os alumnos/as do colexio de La Merced de Sarria, quen agora convertese en gardiáns da ruta xacobea para concienciar aos peregrinos sobre o coidado e limpeza deste histórico itinerario. Neste proxecto que leva máis de 4 anos integrado no centro, o alumnado realiza a retirada de lixo, repintado de frechas ou limpeza de sinais con graffitis ou adhesivos. Ademais, os alumnos conciéncianse da importancia do patrimonio artístico que existe na contorna do centro como a Igrexa do Salvador ou Mosteiro da Magdalena.