Os xardíns e zonas verdes de Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón melloran grazas ao obradoiro dual de emprego

Durante os últimos nove meses, un obradoiro dual de emprego permitiu acondicionar e revitalizar xardíns, áreas recreativas e rutas de sendeirismo en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón. Os participantes realizaron tarefas en espazos como o miradoiro do Alto do Coto e o Paseo ó Muíño do Xil en Bóveda, o Muíño de Sancho e a Praia fluvial de Sáa no Incio, así como as áreas de autocaravanas dos Medos e as rutas da Cova das Choias e da ferrería de Loureiro en A Pobra do Brollón.
O obradoiro, que combinou teoría e prácticas laborais en xardíns, viveiros e centros de xardinería, contou cunha vintena de alumnos-traballadores que adquiriron competencias que lles permitirán mellorar a súa empregabilidade no sector. As prácticas non só serviron para o aprendizaxe, senón que tamén deixaron un impacto visible na calidade dos espazos públicos dos tres concellos.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, financiou a iniciativa con 412.000 euros, e na clausura do taller en Bóveda participou o delegado territorial, Javier Arias, quen animou aos participantes a aproveitar as habilidades adquiridas para incorporarse ao mercado laboral.