Os xogadores do equipo A Lareira gañaron o XXXI Torneo Fútbol Sala Samos 2024

SarriaXa
A XXXI edición do Torneo Fútbol Sala Samos 2024, que se celebrou os 28, 29, 30 e 31 de marzo, deixou como gañadores aos xogadores do equipo A Lareira, que se enfrontaron na final contra Os Churreros SD.
A Lareira campións Torneo Fútbol Sala Samos
A Lareira campións Torneo Fútbol Sala Samos
1 Abr 2024

A XXXI edición do Torneo Fútbol Sala Samos 2024, que se celebrou os 28, 29, 30 e 31 de marzo, deixou como gañadores aos xogadores do equipo A Lareira, que se enfrontaron na final contra Os Churreros SD.

Con respecto ao cuarto e terceiro equipo clasificado na competición, estes foron o Colonos FS e Taberna D'Orixen, que competiron unha hora antes que os campións, ás 17.00 horas do domingo.

Durante os catro días de partidos de fútbol sala no pavillón municipal do Concello de Samos, gran cantidade de afeccionados achegáronse para animar aos 16 equipos que participaron.

0.16578793525696