Outubro acolle varios concertos de rock na sala do Buril de Sarria
O Buril Acde presenta os concertos que organiza para este mes de outubro, comezando por este martes, 3 de outubro, día no que actuará o grupo Clavicule de Paris, unha banda conformada por catro persoas que traerán o punk rock con indie e psicodélico á sala sarriá.
Xa o día 12, xoves, o Buril acollerá o concerto de Kondusión Kolerika, Filophobicas e Okeoh no marco da Xira 3 e punto. O primeiro traerá o punk ao Buril, mentres que a segunda traerá o rock e, a terceira, mestura punk, rock e metal.
Mentres, os días 13 3 14, venres e sábado, terá lugar o Napalm Fest e o Back to Nature, nos que grupos de punk, rock e death metal pasarán polo Buril durante estes dous días de festival. Así, actuarán durante eses días Mutualistas, Dioivo, Anecoid, Cranio, Aneuma, Barbarian Prophecies, Death.Bringer e Slamentable.
Máis concertos
Pola súa parte, xa o día 21 terá lugar o Uguns proyect no Buril, no que actuarán diferentes artistas musicais da man de Lorenzo Infexión, o organizador deste evento no que, ademais, se incluirá o 'Arbusto fest' na súa XVII edición, como un punto de encontro entre amigos.
O día 27 de outubro será a quenda de Phrenetix + Crowded, unha banda de trash metal que vén a Sarria desde Vilnius, Lituania, xunto cunha da Coruña.
Con respecto ao final do mes, o día 29 O Buril acollerá a presenza de Stone from the sky, unha banda que vén desde Francia e poñerá o foco no rock psicodélico, o post rock e o post hardcore; e o mesmo día estará Could Seed, de estilo post rock, prog e post metal.
Por último os días 30 e 31 tamén haberán concertos. O 30 será a quenda da banda Red Eye, de proto rock y stoner doom, mentres que o 31 será Endless Drive quen poñerá o punto final ás actuacións de outubro co seu álbum 'A Brief History of a Kind Human'.