Panadería Pallares de Sarria foi o establecemento gañador do concurso de escaparates
Tralos votos do público, a Panadería Pallares de Sarria foi o establecemento gañador do concurso de escaparates convocado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.
Esta campaña desenvolveuse entre os días 21 e 27 de decembro. Durante estes días varios escaparates competiron nas redes sociais de ACES por ser o máis votado. As tendas participantes cos seus escaparates foron “Bicarelo, Bicos de Fío, Calzados Gayoso, Cris Abad, Dos Ruedas, Duet Moda, Estanco Gallego, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Panadería Pallares, Santamarta, Trece Tablas e Zaida moda infantil y juvenil”.
De todos, os que acadaron máis “Me gusta” nas publicacións foron os da Panadería Pallares cun total de 144, en segundo lugar quedou o comercio “Calzados Gayoso” e en terceiro lugar o de “Trece Tablas”.
A Panadería Pallares decorou un total de catro escaparates. Nun pódese ver a Santa Claus e a súa muller en movemento dándose un bico nun entorno de Nadal con dous renos, no segundo, un boneco de neve móvese animadamente, no terceiro, unha árbore de Nadal representa diferentes oficios mentres, que no último podemos ver un crebanoces.
Ricardo Arias foi o encargado de entregar o diploma ao establecemento gañador que está rexentado por Antía Fernández.