Pancho Álvarez ofrecerá un concerto en Samos acompañado de destacados músicos

SarriaXa
O evento contará tamén coa participación de Begoña Riobóo, María Jorge e Carlos Quintá
músico-Pancho-Álvarez
22 Mar 2025

O vindeiro venres 28 de marzo, o concello de Samos acollerá un concerto moi especial protagonizado polo recoñecido músico Pancho Álvarez.

O evento terá lugar ás 19:30 horas e contará tamén coa participación de Begoña Riobóo, María Jorge e Carlos Quintá, nunha cita musical que promete encher de música tradicional e emoción o corazón da localidade.

A actuación enmárcase dentro da programación cultural promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), entidades que apoian iniciativas que fomentan a música e o patrimonio cultural galego.

Unha ocasión única para gozar en directo dun concerto de calidade, con grandes referentes do panorama musical galego, nun contorno privilexiado como é Samos.

⚙ Configurar cookies
0.80926990509033