Panorama, D'Noche e Acordes estarán nas festas de Friolfe, no Páramo

O lugar da Montaña, na parroquia de Friolfe do concello do Páramo, prepárase para vivir dúas xornadas de festa por todo o alto os vindeiros 10 e 11 de agosto de 2025, en honra a San Lourenzo.
As celebracións comezarán o domingo 10 de agosto ás 13:30 horas coa tradicional Misa Maior, seguida da procesión e da sesión vermú a cargo da orquestra D'Noche.
Pola noite, a verbena promete ser espectacular coas actuacións das orquestras D'Noche e Panorama, unha das formacións máis recoñecidas do panorama musical galego, que traerá o seu impresionante espectáculo Panorama City.
O luns 11 de agosto, a xornada arrancará de novo ás 13:30 horas coa misa, procesión e sesión vermú, esta vez animada pola orquestra Acordes, que tamén será a encargada de poñer o broche final cunha gran verbena nocturna.