Panorama e Los Satélites encabezarán as festas da Virxe do Rosario en Castro de Rei de Lemos

SarriaXa
As celebracións inclúen tamén as actuacións de Trébol, Punto Clave, La Hora Bruja e o DJ Nico Vázquez
panorama-recurso
28 Sep 2025

A parroquia de Castro de Rei de Lemos, no concello de Paradela, prepara xa as súas grandes festas na honra da Virxe do Rosario, que se celebrarán os días 4, 5 e 6 de outubro de 2025 cun amplo programa relixioso e musical.

O sábado 4 abrirase a programación coa verbena a cargo do grupo La Hora Bruja e o DJ Nico Vázquez, que animarán a primeira noite festiva.

O domingo 5 terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú co Grupo Punto Clave. Pola noite, a verbena contará coas actuacións do propio Grupo Punto Clave e da orquestra Trébol. Ademais, está previsto un gran espectáculo de fogos artificiais.

O luns 6 repetirase o esquema relixioso con misa solemne ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú coa Banda Municipal. A xornada pecharase cunha das citas máis esperadas, a verbena amenizada polas orquestras Los Satélites e Panorama, dous dos conxuntos máis recoñecidos do panorama galego.

⚙ Configurar cookies
0.095443964004517