Papá Noel percorrerá as parroquias de Láncara o vindeiro 21 de decembro

SarriaXa
O itinerario de Papa Noel comezará na Casa Niño PapoRubio, logo pasará pola antiga escola de Láncara e despois irá cara ao antigo centro médico da Pobra de San Xiao
centro-de-saúde-de-Láncara
20 Dec 2024

Papá Noel percorrerá as parroquias de Láncara o vindeiro 21 de decembro nunha iniciativa promovida polo Concello de Láncara no marco do Nadal.

Desta maneira, os nenos e nenas do municipio lancarés poderán desfrutar dunha visita de Nadal na que Papa Noel repartirá caramelos e recibirá as cartas para logo facerlles entrega dos regalos de Nadal.

Estes agasallos deberán ser traídos previamente polas familias, polo que se habilitan puntos de recollida, en colaboración coa Asociación Cultural Val de Láncara e a Casa Niño PapoRubio.

A entrega será os días 18, 19 e 20; e os lugares serán a Casa PapoRubio, en Cedrón, de 09.00 a 12.30 horas; o Concello de Láncara, na Pobra de San Xiao, de 09.00 a 14.00 horas; e na escola de Láncara só o 20 de decembro de 17.00 a 18.00 horas.

Pola súa parte, o itinerario de Papa Noel o sábado 21 comezará na Casa Niño PapoRubio ás 17.00 horas, logo pasará pola antiga escola de Láncara ás 17.45 horas, e despois irá cara ao antigo centro médico da Pobra de San Xiao ás 18.30 horas.

0.13510704040527