Papá Noel percorrerá diversas parroquias de Láncara entregando agasallos aos máis pequenos
Láncara acollerá a visita de Papá Noel o vindeiro 23 de decembro, día no que fará tres paradas en diferentes parroquias do Concello.
Así, poderase desfrutar da visita de Papá Noel en Cedrón, concretamente na Casa Niño PapoRubio; na Pobra de San Xiao, concretamente no salón de actos do Concello; e na parroquia de Láncara, concretamente na antiga escola.
Durante a visita, os nenos e nenas que se acheguen ao lugar poderán desfrutar de diversas actividades acompañados da personaxe máis icónica do Nadal, como darlle as súas cartas, sacarse unha foto con el, e que este lles entregue varios agasallos.
Estes agasallos serán facilitados polas familias, polo que recolleranse os días previos. No caso de Cedrón, recolleranse no mesmo lugar da actividade os días 21 e 22 de 09.00 a 12.30 horas; no da Pobra de San Xiao, será tamén no mesmo lugar da actividade os días 21 e 22 de 09.00 a 14.00 horas; e no caso de Láncara a recollida será na Casa Enriqueta os días 21 e 22 de 09.00 a 14.00 horas.
Para aqueles pais e nais que non poidan achegar os regalos pero queiran participar, poden chamar ao 660 486 402 para organizar a recollida e así que ningún neno quede sen que Papá Noel lle faga entrega do seu agasallo.