Paradela abre o prazo de inscrición para o servizo de madrugadores e incorpora a conciliación de tardes

O Concello de Paradela abriu este 1 de setembro o prazo de inscrición para solicitar praza no Servizo de Madrugadores correspondente ao curso 2025/2026, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela.
Como novidade, este ano tamén se incorpora o Servizo de Conciliación de Tardes, pensado para nenas e nenos que realicen actividades extraescolares, ampliando así as opcións de conciliación familiar.
O prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o curso escolar ata completar as prazas ofertadas.
As familias interesadas poden formalizar a solicitude nas dependencias municipais en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou descargar os modelos de inscrición a través da páxina web oficial do Concello de Paradela.