Paradela acolle a 30ª edición do Certame Literario Manuel Orestes Rodríguez López

SarriaXa
O evento poñerá en valor a creación literaria e presentará o libro coas obras premiadas
Fallo-do-XXX-Certame-Literario-de-Paradela-Manuel-Oreste-Rodiguez-Lopez
14 Dec 2025

O martes 23 de decembro, ás 20:00 horas, celebrarase en Paradela a trixésima edición do Certame Literario Manuel Orestes Rodríguez López, no Centro Sociocultural Manuel Orestes.

Trátase dunha cita destacada na vida cultural do concello que ten como obxectivo poñer en valor a creación literaria e manter viva a memoria do autor que dá nome ao certame.

No acto participarán as e os gañadores do certame, quen compartirán as súas obras co público asistente. Ademais, durante a xornada procederase á presentación da nova edición do libro que recolle todas as pezas premiadas nesta edición.

A celebración desta trixésima edición consolida o certame como un referente cultural na comarca, reforzando o compromiso de Paradela coa literatura e coa promoción de novos talentos literarios.

⚙ Configurar cookies
0.076396942138672