Paradela acolle a primeira KDD Shotsontheroad no mercado gandeiro

SarriaXa
O evento reunirá a case 200 coches de diferentes tipoloxías no mercado gandeiro do municipio
Paradela-municipio
8 Jun 2024

A Asociación de Mulleres de Paradela, conxuntamente cuns rapaces afeccionados ao motor do municipio paradelense, organizan a primeira edición da KDD Shotsontheroad, un encontro de vehículos no que participarán case 200 coches, que serán de diferente tipoloxía: clásicos, modernos e de tuning.

Así, os vehículos, que virán de todas partes da provincia de lugo, quedarán na explanada do mercado gandeiro desde as 11.30 horas do sábado e desfrutarán da xornada ata as 21.30 horas, cando tamén veciños e veciñas e outros interesados poderán achegarse a ver os distintos coches.

Ademais do motor, durante a xornada contarase con comida proveniente de foodtrucks e haberá sesión vermú e Dj, así como haberá sorteos entre os participantes e entregaranse recoñecementos ao vehículo máis antigo ou ao chegado desde o punto máis lonxano.

0.15033388137817