Paradela acolle este venres, 18 de outubro, a obra de teatro 'Os vellos non deben namorarse'

SarriaXa
Da man da compañía sarriá Rebuldeira Teatro, todas as persoas interesadas poderán desfrutar desta actividade de maneira gratuíta
Os-vellos-non-deben-de-namorarse-Rebuldeira-Teatro
16 Out 2024

Este venres, día 18 de outubro, o Centro Sociocultural Manuel Orestes Rodríguez de Paradela acollerá unha representación teatral.

Desta maneira, a compañía sarriá de Rebuldeira Teatro porá en escena a súa obra ‘Os vellos non deben namorarse’ ás 19.00 horas, dirixida por Rubén Pérez Pombo.

Esta actuación está enmarcada dentro do 'Circuíto de Teatro Afeccionado' da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e contará coa participación de David Iglesias, David Neira, Chus Tosar, Elvira Pallares, María Varela, Mila López, Mila Núñez, Vicky Pérez e Rocío Peccatiello.

0.11556720733643