Paradela acolle o Certame literario Manuel Rodríguez
Paradela acolle o vindeiro 31 de maio o XXVI Certame literario Manuel-Oreste Rodríguez. O certame divídese en tres modalidades distintas: narrativa, poesía e a modalidade especial Camiño de Santiago. Esta última celébrase para homenaxear o paso do Camiño Francés por Paradela, así como para recordar e festexar a celebración neste ano 2021 do Ano Xacobeo, polo que nesta modalidade aceptáronse traballos de narrativa e de poesía.
O prazo para presentar as obras foi do día 1 de outubro ao 30 de novembro de 2020 e chegáronse a presentar 1.200 obras en total, escritas tanto en castelán coma en galego. Neste vindeiro 31 de maio coñeceranse os gañadores de cada categoría e farase entrega dos premios.
O ano pasado celebráronse os 25 anos de vida do certame polo que no concello están pendientes de levar as obras galardoadas en todos estos anos ao museo do Pobo Galego, situado na cidade de Santiago de Compostela.
O obxectivo deste certame é potenciar a creación literaria tanto na modalidade de poesía como de narrativa, así como recordar e homenaxear a figura e obra de Manuel Rodríguez, un poeta que naceu en Paradela e que emigrou con 6 anos a Cataluña. A pesar de que non voltou a Lugo ata os seus últimos anos de vida, sempre estivo moi ligado á cultura galega.
Exposición itinerante Manuel Rodríguez
Así mesmo, o alcalde, José Manuel Mato, tamén recordou a exposición itinerante que promoveu o propio Concello e que se realizou por moitas cidades de España e do sur de Portugal para realzar a vida e obra do poeta de Paradela. Dita exposición rematou o pasado ano.