Paradela acolle unha xornada divulgativa sobre o ENIL Loio-Ruxidoira o 4 de novembro

SarriaXa
O centro sociocultural de Paradela acollerá o vindeiro sábado 4 de novembro unha xornada divulgativa sobre o ENIL Loio-Ruxidoira, un espazo de interese natural que transita a ambas marxes do Río Loio (Paradela) composto, maioritariamente, por vexetación autóctona entre a que destacan carballos, soutos centenarios e bosques de ribeira.
ruta loio4
28 Out 2023

O programa, que trata sobre os valores naturais e sobre as iniciativas de xestión, inaugurase ás 10.00 horas. O primeiro bloque comeza ás 10.20 horas e versa sobre os valores ambientais do ENIL. Nel ofrecerase unha formación do ENIL, falarase sobre os valores naturais do medio flora e fauna a partir das 10.45 horas.

A partir das 11.45 horas, os asistentes coñecerán os valores patrimoniais etnográficos presentes no ENIL. Esta primeira parte da xornada rematará ás 12.10 horas con petiscos de media mañá.

O segundo bloque sobre as iniciativas de xestión conxunta iniciarase ás 12.40 horas cos aspectos máis relevantes e a aplicaicón da Lei de recuperación de Terras Agrarias. Ás 13.25 horas falará a agrupación de Xestión Conxunta.

Ás 13.45 comezará as mesa redonda que inaugura o terceiro bloque con exemplos inspiradores de xestión. Participarán Souto Activo, que falará da recuperación dun souto tradicional en Vilar do Courel para a posta en produción e regata de San Mateo, que traerá o exemplo de reconstrución de viñedos da DO Ribeira Sacra.

Ás 14.30 horas organizarase o xantar e, por último, levarase a cabo unha ruta pola contorna do ENIL sempre que a climatoloxía acompañe. Os interesados poden obter máis información a través do correo informacion@foresin.es e dos números 611 413 582 e 680 412 238.

xornada_divulgativa_enil_loio_ruxidoira
0.17705893516541