Paradela acolleu a presentación do libro 'Los zapatos del lobo' da escritora Sonia Arias
SarriaXa
O pasado venres Paradela acolleu a presentación do libro 'Los zapatos del lobo' da escritora paradelense Sonia Arias, acompañada da alcaldesa, Montserrat Mulet, e polo escritor Carlos Ulloa.
9 Abr 2024
O pasado venres Paradela acolleu a presentación do libro 'Los zapatos del lobo' da escritora paradelense Sonia Arias, acompañada da alcaldesa, Montserrat Mulet, e polo escritor Carlos Ulloa.
Desde o Concello de Paradela din que a escritora, durante o evento, "recibiu todo o apoio e cariño dos paradelenses que acudiron a presentación".
Pola súa parte, Arias sostivo que a presentación foi "moi ben" e que "dá gusto sempre tratar coa xente de Paradela", xa que a acolleron moi ben e desfrutaron moito, todos os participantes, da súa obra.