Paradela celebra as súas grandes festas os días 16, 17, 18 e 29 de setembro
O municipio de Paradela, concello lucense de Sarria, organiza as súas tradicionais festas patronais os días 16, 17, 18 e 29 de setembro.
O venres 16 está previsto para as 22.30 horas o concerto do grupo A Roda e verbena a cargo do grupo Claxxon.
O sábado 17 haberá misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú amenizada pola orquestra Estrella Mar. Pola tarde, ás 19.00 horas na vella escola terá lugar un espectáculo de maxia a cargo do Mago Iago e xa pola noite, os asistentes poderán desfrutar da verbena amenizada pola orquestra Estrella Mar de novo e a Banda de Nash.
O domingo 18 haberá un pasarrúas organizado pola Banda de Paradela e ás 13.30 horas misa solemne con procesión. A sesión vermú correrá a cargo da orquestra Los Españoles.
A Banda de Paradela volverá a actuar outra vez pola tarde a partir das 19.00 horas, e pola noite será a quenda de Los Españoles que farán as delicias de tódolos asistentes.
As festas terán o seu peche o xoves día 29 cunha misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú e festa-verbena a cargo da orquestra Trébol.