Paradela conclúe as obras de mellora dos camiños municipais en Aldosende

O Concello de Paradela vén de finalizar os traballos de mellora dos camiños municipais no núcleo do lugar de Aldosende, cun investimento total de 21.296 euros.
A actuación foi financiada con fondos procedentes dos remanentes do Plan único de cooperación cos concellos 2024.
Desde o goberno local destacan que se continúa a traballar na mellora das vías municipais co obxectivo de ofrecer servizos de maior calidade á veciñanza.