Paradela contará con 227.000 euros para mellorar a praza pública de Pacios
SarriaXa
Paradela contará con 227.000 euros para mellorar a praza pública de Pacios despois de que a Xunta licitase a cantidade
19 Jun 2023
A praza pública de Pacios, do Concello de Paradela, vai ser mellorada despois de que a Xunta de Galicia acabe de licitar por máis de 227.000 euros a obra de mellora deste espazo de Paradela, tal e como recolle o convenio asinado o pasado mes de marzo entre o Goberno autonómico e o Concello.
A actuación, que conta cun prazo de execución de 4 meses, ten como obxectivo mellorar a praza localizada diante da antiga casa do concello, un espazo con escaso equipamento urbano e fortemente delimitado polos peches das propiedades privadas.
Así, a obra consistirá, fundamentalmente, na pavimentación do solo con pedra, na reparación de sumidoiros e a incorporación de alumeado e mobiliario urbano, como bancos de pedra e papeleiras.