Paradela continúa cos proxectos agrarios
O pasado 21 de maio, publicouse no DOG a LEI 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Por esta razón, dende o Concello de Paradela traballaron e continúan traballando nese eido a través de reunións parroquiais, informando de como van a ir os proxectos e as ideas do futuro. Neste sendo, como informa o alcalde de Paradela José Manuel Mato, trabállase na construción de tres polígonos agrarios.
Por un lado, atópase o da recuperación de soutos. Tralas reunións en varias parroquias, xa se forman máis de 40 hectáreas de veciños e veciñas interesados no proxecto. Así mesmo, vaise intentar chegar ás axudas da lei mencionada anteriormente para desenvolver limpezas e traballos de recuperación e coidados dos mesmos. Tamén, outro aspecto realizado foi a solicitude á Xunta dun primeiro tratamento para loitar contra a avespa que ataca aos castiñeiros.
Por outra beira, búscase traballar dende o Concello de Paradela no sector agrario, é dicir, nas explotacións agropecuarias. Neste contexto, destaca a importancia dunha reestructuración do parcelario que hai actualmente, para que cada propietario coñeza as parcelas das que dispón. Desta forma, pódense ir permutando e agrandando as fincas con aquelas que estén abandonadas. Despois de moitas emigracións, hai xente que aínda ten explotacións inutilizadas no concello de Paradela, por esta razón, considérase unha boa idea que as explotacións que están en activo poidan ser máis sostibles e dispoñer de máis territorio no que traballar. Desta forma, ademais da ampliación de fincas, tamén se consegue loitar contra incendios forestais.
Finalmente, dende o Concello de Paradela sinalan tamén a recuperación do viñedo do río Loyo. Para iso, estase intentando crear dentro de esas zonas de viño, polígonos de 15 hectáreas como mínimo, tendo coma obxectivo realizalos de 40 hectáreas.