Paradela entregou dúas Medallas de Ouro a heroes do seu municipio
A entrega de dúas Medallas de Ouro de Paradela, concedidas polo Pleno do Concello en maio de 2022 a Rocío Domínguez Brea e Rafael Fernández Rodríguez, polo seu determinante papel para atopar a dúas veciñas desaparecidas o 15 de decembro de 2021, terá lugar o vindeiro 13 de xaneiro.
Rocío Domínguez, Presidenta da Asociación de Mulleres de Paradela, e Rafael Fernández, Garda Civil de Portomarín, colaboraron de forma decisiva na localización de dúas veciñas de Paradela – nai e filla, de 90 e 65 anos – que saíron en coche do seu domicilio, e foron atopadas horas despois desorientadas á beira do río Loio.
Ao ter noticia da desaparición, Rocío Domínguez iniciou a través do Facebook unha campaña de difusión, conseguindo mobilizar máis de sesenta vehículos participantes na búsqueda.
Pola súa parte, o Garda civil Rafael Fernández, que se encontraba de vacacións de Lugo, ao enterarse do feito, desprazouse á zona na que se encontrara o coche das desaparecidas, poñéndose á fronte do operativo de búsqueda.
Como recoñecemento a estes dous exemplos de colaboración, o Concello de Paradela, a proposta do alcalde José Manuel Mato Díaz, concedeulles unha Medalla de Ouro a cada unha, que lles será entregada nun acto que se enmarca no Bicentenario do Concello, a celebrar ás oito do serán do próximo día 13, no Centro cultural “Manuel Rodríguez López”, acto ao que se invita a todos os paradelenses.