Paradela entrega unha nova cesta de benvida a unha familia por nacemento en 2025

A alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, fixo entrega esta semana dunha nova cesta de benvida a unha familia do municipio pola chegada dun bebé, correspondente á segunda petición cursada en 2025. O agasallo consiste nun lote de produtos de primeira necesidade valorado en 200 euros.
Esta iniciativa forma parte da ordenanza municipal aprobada en decembro de 2023, que regula a concesión de axudas por nacemento ou adopción. O programa inclúe, ademais da cesta de benvida, unha axuda económica de 1.000 euros que se reparte en dous prazos: o 75% no momento da solicitude e o 25% restante cando se acredite a residencia efectiva dun ano desde o nacemento.
O obxectivo desta medida é fomentar a natalidade e a adopción, ao tempo que se impulsa a fixación de poboación no termo municipal de Paradela.