Paradela impulsa a exposición “Manuel Rodríguez López 2.0” na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva de Braga

A Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva de Braga acollerá, do 9 ao 26 de febreiro de 2026, a exposición “Manuel Rodríguez López 2.0. Emigrante galego, poeta obreiro”, unha iniciativa promovida polo Concello de Paradela, en colaboración coa Xunta de Galicia e Egeria.
A mostra afonda na figura e no legado de Manuel Rodríguez López, un dos grandes referentes da poesía obreira galega e símbolo da emigración, ofrecendo unha visión actualizada da súa traxectoria vital e literaria. A exposición forma parte das accións de difusión cultural arredor da súa obra e da memoria colectiva da emigración galega.
O programa complétase cun acto de presentación o 21 de febreiro, ás 17.00 horas, no propio espazo expositivo. A biblioteca permanecerá aberta ao público en horario de 09.00 a 19.30 horas, permitindo a visita ao longo de varias semanas.