Paradela inviste 480.000 euros en obras para a mellora de estradas
O importe de execución no Concello de Paradela de diferentes obras de pavimentación é de algo máis de 480.000 euros. Entre as actuacións nas que se encontra dito investimento están: a pavimentación de Bustaregas a Portocarreira, o acceso a Campo Redondo, os accesos a Hedrada, os accesos a Acevedo, os accesos a Vilachá en Castro de Rei de Lemos e os accesos a Ferreiros, entre outras.
Por outra banda, licitáronse as obras de construción para a mellora dunha rede eléctrica no municipio de Paradela. A Xunta concedeu a autorización administrativa e de construción cun orzamento de 121.740 euros. Así pois, as accións consistirán en soterrar 1.100 metros dunha liña de media tensión, así coma instalar un centro de transformación en Hedrada, en Castro de Rei de Lemos.