Paradela mellora a contorna da Fonte de Nai e da área recreativa da Panceira

SarriaXa
As obras, financiadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, buscan poñer en valor estes espazos naturais como reclamo turístico e zona de lecer para a veciñanza
área-recreativa-A-Panceira-Paradela
26 Jul 2025

O Concello de Paradela levou a cabo obras de acondicionamento na contorna da Fonte de Nai e na área recreativa da Panceira, co obxectivo de mellorar e poñer en valor estes espazos naturais tanto para o desfrute da veciñanza como para potenciar o atractivo turístico do municipio. O investimento total ascende a 13.624,60 euros.

A actuación contou co apoio económico do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, entidade que promove proxectos orientados á conservación e promoción do patrimonio natural e cultural da comarca.

As intervencións realizadas incluíron labores de limpeza, mellora da accesibilidade, renovación de elementos de mobiliario e sinalización, así como outras actuacións que contribúen á recuperación paisaxística e funcional destes espazos.

Tanto a Fonte de Nai como a área recreativa da Panceira constitúen enclaves de especial interese para a veciñanza e para os visitantes, xa que combinan o valor ambiental coa posibilidade de gozar do tempo libre en contacto coa natureza.

Coas melloras acometidas, o Concello de Paradela procura reforzar o seu compromiso co desenvolvemento sostible e coa posta en valor do seu patrimonio natural.

⚙ Configurar cookies
0.14767980575562