Paradela organiza unha recollida gratuíta de voluminosos o 23 de setembro

SarriaXa
O Concello habilita este servizo especial para retirar obxectos como colchóns, neveiras, lavadoras ou televisores
Punto-limpo-móbil-Paradela
7 Sep 2025

O Concello de Paradela puxo en marcha un servizo gratuíto de recollida de obxectos voluminosos co obxectivo de facilitar á veciñanza o desfacerse daqueles elementos que non son considerados residuos domésticos e que, polo tanto, non poden depositarse nos colectores nin seren recollidos polo camión do lixo habitual.

A alcaldesa, Montserrat Mulet, informou de que os obxectos deberán ser depositados o martes 23 de setembro de 2025 nas inmediacións do colector de uso habitual. Entre os materiais que se poden entregar atópanse colchóns, neveiras, lavadoras, televisores e outros útiles de gran tamaño.

As persoas interesadas deberán comunicalo previamente ao Concello, ben chamando ao teléfono 982 541 101 ou acudindo ás oficinas municipais, indicando o tipo de residuo que se vai depositar.

Ademais, pídese a colaboración cidadá para que o lixo doméstico se deposite sempre dentro de bolsas pechadas e para evitar que se deixen obxectos non autorizados como ferros, garrafas de plástico, baldosa, azulexos ou pezas de baño.

O Concello lembra tamén que as botellas de cristal deben separarse e levarse ao contedor específico máis próximo.

⚙ Configurar cookies
0.12669992446899