Paradela organiza viaxes á praia en xullo e agosto

SarriaXa
O Concello de Paradela organiza viaxes á praia nos vindeiros meses de xullo e agosto nos que haberá que inscribirse no concello.
praia
26 Xuño 2021

O Concello de Paradela organiza viaxes á praia nos vindeiros meses de xullo e agosto.

As saídas previstas para o mes de xullo son: o día 8 a Ares, o día 15 a Foz, o día 22 a Samil e, finalmente, o día 29 a Boiro. En canto ao mes de agosto, tamén se realizarán 4 saídas. A primeira será á praia de Miño o día 5, o día 12 será o turno de Viveiro, o 19 será Ribeira e, para rematar, o día 26 o viaxe será a Pontedeume.

A hora de saída dos viaxes será ás 9 horas, diante do mercado gandeiro de Paradela, excepto o día 22 de xullo -cando se realice o viaxe á praia de Samil- que a saída será ás 8 horas.

As persoas que desexen participar nas saídas mencionadas anteriormente deberán anotarse previamente nas oficinas municipais do concello ou no teléfono 982 541 101.

praia esteiro xove
0.17470598220825