Paradela organiza viaxes á praia para este verán

SarriaXa
As saídas á praia organizadas para as actividades deste estío están previstas para os meses de xullo e agosto deste ano 2022.
praia rapadoira foz
29 Xuño 2022

As saídas están previstas para os meses de xullo e agosto deste ano 2022.

O Concello de Paradela informa das viaxes que se realizarán á praia este estío.

Neste senso, para o mes de xullo están marcados os seguintes destinos: O día 7 visitarán Riveira, o 14 San Ciprián, o 21 Tapia de Casariego e o 28 A Coruña. Xa no mes de agosto, o 4 será a quenda de Boiro, o 11 de Ares, o 18 de Viveiro e o 25 de Foz.

A hora de saída está fixada para as 9.00 da mañá, tendo como punto de encontro o Mercando Gandeiro de Paradela. Non obstante, para as viaxes de Riveira e Boiro a saída fica programada ás 8.00 da mañá.

O prezo é de 7 euros por cada viaxe para os empadroados no concello a partir de 14 anos mentres que para os menores desta idade será gratuíto. Os non empadroados terán que pagar un custe de 12 euros e os menores de 14 nesta caso si aportarán 6 euros.

A comida correrá a cargo dos interesados nunha actividade cofinanciada polo concello.

Todo aquel que desexe formar parte da actividade deberá anotarse chamando ao 982 541 101 e non serán admitidas solicitudes a partires das 14.00 horas da véspera de cada viaxe.

Asemade, a máscara será obrigatoria durante a viaxe e os menores que vaian sós precisarán de autorización asinada por partes das persoas responsables deste.

0.14500403404236