Paradela prepárase para a XXIV Concentración Mototurística de Os Mouchos

SarriaXa
O encontro celebrarase os días 19, 20 e 21 de setembro de 2025 cun amplo programa de rutas, festas moteiras e actividades para todos os asistentes
Motoclub-Os-Mouchos-Paradela
14 Sep 2025

Paradela acollerá do 19 ao 21 de setembro de 2025 a XXIV Concentración Mototurística organizada polo Motoclub Os Mouchos.

Durante tres días, os afeccionados ás dúas rodas poderán gozar dun completo programa de actividades que inclúe ceas moteiras, festas con DJ’s, rutas con pinchos, xogos populares e concertos.

O venres 19 abriranse as inscricións ás 17:00 horas, dando paso á cea moteira e á primeira festa da fin de semana. O sábado 20 arrancará cun almorzo ás 9:30, seguido dunha ruta libre con pinchos e dun xantar no mercado gandeiro. Pola tarde haberá xogos populares e unha sesión musical a cargo de Louband, ademais dunha nova cea e festa moteira.

O domingo 21 pechará o encontro cunha ruta libre, sorteos de agasallos, entrega de trofeos e o tradicional xantar de despedida.

A inscrición inclúe a participación en todas as actividades programadas, ademais dunha camiseta, parche e caña de benvida. Os prezos oscilan entre os 30 € (só domingo) e os 50 € (toda a fin de semana).

⚙ Configurar cookies
0.15336012840271