Paradela prepárase para acoller a IV Carreira Popular o vindeiro 14 de xuño

Paradela será escenario o vindeiro 14 de xuño da IV Carreira Popular, unha cita xa consolidada dentro do XI Circuíto Miño Ulla de Carreiras Populares.
A xornada deportiva arrancará ás 18:00 horas coa proba absoluta, cun percorrido de 8.000 metros. Ás 18:15 será a quenda da andaina e ás 19:30 iniciarase a competición para menores, con distancias que van dos 100 aos 1.000 metros, segundo as categorías.
A organización entregará agasallos a todas as persoas participantes e haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Os menores recibirán unha medalla conmemorativa, e tamén se recoñecerá ao corredor ou corredora de maior idade, así como ao primeiro corredor ou corredora local en cruzar a meta.
As inscricións están abertas ata o 9 de xuño e deben realizarse en liña a través da plataforma www.championchipnorte.com.