Paradela programa a celebración do seu primeiro bicentenario

SarriaXa
O Concello de Paradela vai celebrar durante o próximo 2022 -coas favorables perspectivas sanitarias- o seu primeiro bicentenario.
paradela
16 Out 2021

O Concello de Paradela vai celebrar durante o próximo 2022 o seu primeiro bicentenario.

Paradela naceu como concello en 1820, pero a celebración dos seus douscentos anos foi adiada polo problema da covid19 ata o momento en que puidese celebrarse con maior liberdade, e así en 2022, coas favorables perspectivas sanitarias, estímase o momento axeitado para diversas celebracións que son obxecto de estudo nestes momentos.

Segundo informa o historiador Xaime Félix López Arias, Arlindo, que foi Cronista Oficial de Sarria, en 1820, dentro do Partido xudicial de Sarria constituíronse un total de 13 concellos dentro da provincia única de Galicia e en 1822 integrados na provincia de Lugo, dos que na actualidade perviven os de Sarria, Láncara, Samos, O Incio e Paradela.

Estase, na actualidade, confeccionando o logotipo que identificará as diversas actividades desta especial conmemoración.

concello paradela
0.11155080795288