Paradela recibirá desfibriladores tras un convenio coa Cruz Vermella
SarriaXa
Paradela ven de firmar un convenio coa Cruz Vermella polo cal recibirá varios desfibriladores semiautomáticos e formación.
30 Apr 2021
O Concello de Paradela ven de firmar un convenio coa Cruz Vermella polo cal recibirá varios desfibriladores semiautomáticos, converténdose desta maneira nun concello cardioprotexido.
Ademais tanto persoal do concello como colectivos sociais asistirán a un curso para o seu manexo. O primeiro deles está dirixido a oito persoas que recibirán, ademais da formación, un diploma.