Paradela reforza a colaboración coa Xunta na prevención de incendios e xestión da biomasa

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo un encontro coa alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, co obxectivo de consolidar a cooperación entre ambas administracións nas tarefas de prevención de incendios forestais e na xestión da biomasa no municipio.
Esta colaboración enmárcase no convenio subscrito pola Consellería do Medio Rural coa empresa pública Seaga e coa Federación Galega de Municipios e Provincias.
Este ten como finalidade a posta en marcha dun sistema público para a xestión da biomasa nas faixas secundarias, as máis próximas ás vivendas. Paradela forma parte dos concellos adheridos a este acordo.