Paradela suma un novo home centenario co aniversario de Manuel Abella Murado
Desde o Concello de Paradela veñen de celebrar que Manuel Abella Murado, veciño da parroquia de Mosteirovello, no municipio, vén de cumprir 100 anos.
Así, Ana Belén López Álvarez, terceira tenente de alcalde e delegada de Promoción do Emprego, Formación, Cultura e Novas Tecnoloxías, así como da Traballadora Social do Concello, en representación do Concello, acudiu á casa onde residen o recén cumprido e o seu fillo.
Ademais, Abella tivo a sorte de contar neste día tan especial coa compañía da outra filla que reside en Barcelona e que está pasando uns días de vacacións xunto co seu home, filla e neta. A casa familiar tamén recibiu a visita dalgún veciño que non quixo perder a ocasión de poder felicitar a Manuel no seu centenario.
Manuel recibiu de mans de Ana Belén uns agasallos consistentes nunha tarta, unha placa conmemorativa, un pin co escudo do Concello e un ramo de flores.
Manuel mostrouse emocionado e moi contento polas mostras de cariño recibidas e, sobre todo, por poder contar nun día tan especial coa súa familia ao seu carón.