Paradela xa ten gañadores do certame literario Manuel Oreste

SarriaXa
O Concello de Paradela acolleu o pasado 31 de maio deste ano o XXVI Certame literario Manuel-Oreste Rodríguez que xa ten gañadores.
manuel rodriguez
1 Jun 2021

Paradela acolleu o pasado 31 de maio o XXVI Certame literario Manuel-Oreste Rodríguez, en memoria do escritor do mesmo nome. O certame divídese en tres modalidades distintas: narrativa, das que se recibiron 728 obras, poesía que se recibiron 512 e a modalidade especial Camiño de Santiago que recibiu 29. Esta última celébrase para homenaxear o paso do Camiño Francés por Paradela, así como para recordar e festexar a celebración neste ano 2021 do Ano Xacobeo.

O prazo para presentar as obras foi do día 1 de outubro ao 30 de novembro de 2020 e, no día de onte, reuniuse o xurado no consistorio de Paradela para anunciar aos galardoados, que se situaron en varios puntos de España e de Arxentina.

O primeiro premio en poesía recibiuno Pedro Rodríguez Villar de Nigrán, que foi seguido por Sergio Rodríguez Jiménez de Madrid. O accésit foi para Pedro Rielo de Pontevedra e Rubén Darío Romaní de Mendoza de Arxentina, así coma dúas mencións de honra que foron para Celia Corral de Salamanca e José Manuel Brea de Vigo.

En narrativa, o gañador foi Roberto A. Rodrigues de Icod de los Vinos, Tenerife, seguido de Carlos Huerta de León. En canto os accésit, foron para Ana Vega de Córdoba e Laura Cabedo de Valencia. No caso das mencións de honra foron para Ignacio de Saavedra de Madrid e para o malagueño Félix Ares de Blas.

Finalmente, na categoría do Camiño de Santiago, o premio foi para Manuel Laespada, de Albacete.

Os gañadores de cada categoría foron galardoados con 1.000 euros de premio e os segundos na categoría de poesía e de narrativa recibiron 500 euros.

O obxectivo deste certame é potenciar a creación literaria tanto na modalidade de poesía como de narrativa, así como recordar e homenaxear a figura e obra de Manuel Rodríguez, un poeta que naceu en Paradela e que emigrou con 6 anos a Cataluña. A pesar de que non voltou a Lugo ata os seus últimos anos de vida, sempre estivo moi ligado á cultura galega.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16153001785278