O Samaín de Pasantes contará con cea e a actuación do co Dúo Marineda

A parroquia de Pasantes, en Triacastela, prepárase para celebrar o Samaín cunha completa xornada festiva o venres 1 de novembro, pensada para todas as idades e coa tradición como protagonista.
As actividades comezarán ás 18:00 horas cunha festa infantil que contará con inchable, monitores e merenda para os máis pequenos, garantindo unha tarde chea de diversión.
A partir das 21:00 horas, será o momento de degustar pinchos e doces nun magosto popular, perfecto para compartir en boa compañía e gozar dos sabores do outono.
E para poñer o broche final á xornada, ás 22:30 horas comezará o baile co Dúo Marineda, que animará a velada con música para todos os gustos.
A organización destaca que a celebración terá lugar nun local cuberto e pechado, polo que o mal tempo non impedirá o desenvolvemento da festa.