Paula Suárez presentou o seu libro 'O mundo de cores de Roque e Lía' nos centros educativos de Sarria
SarriaXa
Paula Suárez, pedagoga e experta en igualdade, achega a súa ampla experiencia profesional a esta obra, o seu primeiro achegamento á literatura infantil
30 Nov 2024
Continuando coas actividades do 25N, a concellería de Igualdade organizou unha xornada especial para promover a igualdade, a inclusión e a diversidade entre os máis pequenos.
Durante os días 21, 22 e 25 de novembro, Paula Suárez presentou o seu libro 'O mundo de cores de Roque e Lía' nas aulas de infantil e primaria dos centros de Sarria.
Os nenos e nenas aprenderon, a través dun xogo, que hai moitas formas de ser e estar, incluíndo pintar as unllas de cores. Ademais, Paula agasallou cun exemplar do seu libro a cada centro.
Paula Suárez, pedagoga e experta en igualdade, achega a súa ampla experiencia profesional a esta obra, o seu primeiro achegamento á literatura infantil, cunha mensaxe positiva e igualitaria.