O Pazo de San Marcos acolle a presentación da colección de relatos curtos 'Los Zapatos del Lobo' de Sonia Arias

LugoXa | SarriaXa
O deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, e a escritora Sonia Arias presentaron este xoves no Pazo de San Marcos, Los Zapatos del Lobo, a última obra desta autora natural de Paradela.
presentacion_libro_de_sonia_arias
22 Feb 2024

O deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, e a escritora Sonia Arias presentaron este xoves no Pazo de San Marcos, Los Zapatos del Lobo, a última obra desta autora natural de Paradela. Ao acto tamén asistiu a exdeputada da institución provincial, Sonsoles López Izquierdo, amiga convidada pola autora. Iván Castro destacou “o pracer que supón para un veciño de Paradela coma min acoller hoxe na institución a presentación dun novo logro editorial de Sonia Arias”. Asegurou que dende a Deputación apostar por “un firme compromiso coa defensa e co impulso da cultura e do talento lucense”.

Deste xeito, apoian a actividade dos creadores no territorio, porque entenden que “o acceso e a promoción da cultura enriquécennos como sociedade e son, ademais, elementos de dinamización económica”. Arias quixo agradecer tamén á Deputación por darlle a oportunidade de lanzar unha obra da que espera que os lectores poidan sentir a vitalidade e espontaneidade destas páxinas volvendo, como cada vez tamén, á nostalxia ou saudade”.

Los Zapatos del Lobo é unha colección de relatos curtos ambientado na aldea de Vidul e que transmite unha mensaxe universal e que deixa marxe ás interpretacións do lector. A publicación sairá este venres á venda. Ademais, o libro presentarase o vindeiro 15 de marzo, en Sarria, e o 5 de abril, en Paradela.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15805315971375