Pedro Blanco informou da mellora da seguridade na liña do tren ao paso por Ourense e Sarria

SarriaXa
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou da mellora da seguridade na liña do tren ao paso polas localidades de Ourense e Sarria coa próxima supresión de 7 pasos a nivel nos que ADIF inviste 7 millóns de euros.
Adif Pedro Blanco Ourense
2 May 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou da mellora da seguridade na liña do tren ao paso polas localidades de Ourense e Sarria coa próxima supresión de 7 pasos a nivel nos que ADIF inviste 7 millóns de euros.

Pedro Blanco estivo en Ourense onde percorreu os dous puntos que vai mellorar o organismo do Ministerio de Transportes, e que son os cruces de Tarascón e de Peliquín (nos puntos quilométricos 42/743 e 45/245 da liña ferroviaria que conecta Monforte de Lemos con Vigo).

Alí, o delegado, acompañado de deputados e concelleiros, sinalou a importancia deste tipo de actuacións, que “mellorarán a permeabilidade transversal nestas localidades e incrementarán as condicións de seguridade para a mobilidade dos peóns e os tráficos ferroviarios e viarios”. Pedro Blanco detallou que o ADIF abriu a licitación dos dous contratos (un para cada localidade) o pasado 10 de abril. O prazo de presentación de ofertas finaliza o vindeiro 23 de maio.

En Ourense, o ADIF promoverá a supresión de dous pasos cun investimento de 2,82 millóns de euros e cun prazo de execución de sete meses. No caso de Sarria, o contrato inclúe a supresión de cinco pasos a nivel, cun investimento de 4,14 millóns de euros e 18 meses de prazo para executar as obras.

En Sarria, a actuación de ADIF contempla a construción de dous pasos superiores e un paso inferior, así como a reordenación dos camiños. Neste concello, os pasos que se suprimirán son os situados nos puntos quilométricos 386/169, 386/644, 386/975, 387/316 y 388/492 da Liña 800 León – A Coruña.

Estas actuacións enmárcanse no plan de modernización da liña Ourense- Monforte de Lemos-Lugo (117 kilómetros) que o Goberno está acometendo con máis de 550 millóns de euros. Este investimento servirá para reforzar a fiabilidade e a capacidade do trazado e contribuír a mellorar os tempos de viaxe na liña.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15252494812012