Pedro Brandariz realizará unha actuación de rúa no Incio
SarriaXa
Chega ao Incio o espectáculo de humor de Pedro Brandariz. O actor e humorista galego realizará unha actuación de rúa.
21 Aug 2021
Chega ao Incio o espectáculo de humor de Pedro Brandariz. O actor e humorista galego realizará unha actuación de rúa onde a interacción co público é continua e permanente.
Durante a función aparecen diferentes personaxes que provocan unha manchea de situacións cómicas e hilarantes. Un membro de Protección Civil, un enfermeiro de urxencias, un repartidor de paquetes… e moitos máis personaxes tolos que farán imposible o musical, aínda que finalmente Brandariz conseguirá interpretar o seu gran espectáculo.
A cita será o domingo 22 de agosto no Incio. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.