'Pedro, o piloto de gaivotas' foi presentado ao alumnado do colexio de Escairón pola Plataforma Diversidade

SarriaXa | RibeiraSacraXa
O álbum infantil 'Pedro, o piloto de gaivotas' ilustrado e escrito por Manuel Darriba, un dos pais que forma parte da Plataforma Diversidade Infantil Comarca de Sarria, foi presentado no CPI Dr.
Manuel Darriba piloto de gaivotas Escairón
7 Apr 2024

O álbum infantil 'Pedro, o piloto de gaivotas' ilustrado e escrito por Manuel Darriba, un dos pais que forma parte da Plataforma Diversidade Infantil Comarca de Sarria, foi presentado no CPI Dr. López Suárez de Escairón, no Saviñao.

Así, durante o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o alumnado de Educación Infantil de Escairón puido escoitar a historia de Pedro, o piloto de gaivotas.

Esta obra transmite sobre todo dúas ideas: “que todas e todos, sexan cales sexan as nosas capacidades, merecemos unha vida digna, e que todas e todos debemos coidarnos mutuamente”, explican desde a Plataforma.

Así, conclúen agradecento aos peques do Saviñao e ao profesorado do CPI Dr. López Suárez, xa que din que “o pasamos xenial durante a lectura do conto e ao falar de inclusión”.

0.14603900909424