Peleriños de Sarria confirma grupos e tabernas da décima Estremonía Cantada

SarriaXa
A celebración musical do 21 de marzo encherá de música tradicional os establecementos da vila
Cartel-Estremonía-Cantada-Sarria-2026
14 Mar 2026

A Asociación Peleriños de Sarria anunciou os grupos e tabernas definitivas para a décima edición da Estremonía Cantada, que terá lugar o vindeiro 21 de marzo. Esta cita, xa consolidada no calendario cultural da vila, volverá encher distintos locais de música tradicional.

Tamén xa están á venda as ceas na Unión a 12 euros, contactando co presidente de Peleriños, Roberto, no 649 208 459, ou na cafetería da Unión.

Os grupos e cantos que participarán este ano son: Cantareiros do Naval, Os Ministreles, Son do Mao, Dakidoasma, As macizas centrais, Os Pantoxos, Gaiteiros de Goián, Foliada de Remior, A.C. Andrade, Os Parrandas, Cantareiras de Fornelas, Os TaberNos, Turbotelos, Maruxìa, Searas e Xampo.

As tabernas que acollerán a música son: Travesía dos Soños, O Tapas, Montecarlo, Alfonso IX, D’orixen, Xarope, Central, D’ponte, O Faro, Don Pepe, J de Jato, Mesón Roberto, O Chanto, Isla, España e As the Picas.

0.11143088340759