Peleriños organiza un faladoiro sobre o traxe tradicional galego na Casa da Cultura

SarriaXa
Impartido por Ana Nogareda Mato, resolverá dúbidas e afondará no coñecemento da indumentaria tradicional de Galicia
Xuntanza-Peleriños-2024
23 Feb 2025

A Asociación Cultural Peleriños de Sarria organiza un faladoiro sobre o traxe tradicional galego, impartido por Ana Nogareda Mato, co obxectivo de resolver dúbidas e afondar no coñecemento da indumentaria tradicional de Galicia.

Este encontro será unha oportunidade única para aquelas persoas interesadas en confeccionar o seu propio traxe ou en coñecer máis sobre a nosa cultura textil.

O faladoiro será esta tarde, ás 16.30 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Sarria (entrada polo lado da escola infantil). A actividade está aberta a toda a cidadanía e será de balde.

⚙ Configurar cookies
0.70821595191956