Peleriños promove un obradoiro de Nadal para construír pandeiros este domingo

A Asociación Cultural Peleriños de Sarria organiza para este domingo, 21 de decembro, ás 16.30 horas, un obradoiro de Nadal na Casa da Cultura destinado á elaboración dun pandeiro cadrado, impartido por Xosé Maceda.
Durante o obradoiro, os participantes poderán construír un pandeiro tradicional de pel, nun curso interactivo no que irán adquirindo os coñecementos a medida que poñen en práctica cada paso. Todos os materiais están incluídos e, ao rematar, os asistentes poderán levar o seu pandeiro a casa.
A actividade conta coa colaboración do Concello de Sarria e coa participación de Xose Maceda, que compartirá o seu coñecemento sobre a fabricación e o manexo do instrumento.