Peter Youth Man, confirmado no cartel do Festival Tremeterra do Incio

Os organizadores do Festival Tremeterra do Incio acaban de anunciar a incorporación dun novo artista para a edición deste ano, que se celebrará os días 29 e 30 de agosto no Encoro de Vilasouto.
Trátase de Peter Youth Man, quen chegará dende Francia para ofrecer un directo cargado de Rubbadub clásico, cunha lírica afiada e un flow que fai rebotar as mellores vibracións.
Sen lugar a dúbidas, Peter Youth Man é un nome imprescindible na escena, preparado para facer tremer a terra con súa enérxica actuación e o seu estilo inconfundible. A súa presenza reforza o Festival Tremeterra, que se consolida como un dos eventos máis destacados da música reggae e soundsystem en Galicia.
O IV Encontro Soundsystem da Terra Brava, que se está consolidando como o principal encontro de soundsystem da provincia de Lugo e de toda Galicia, atraendo a centos de asistentes cada ano.