Piden apoio para o Incio Terra Brava CF no decisivo partido deste domingo en Carboeiro

O Incio Terra Brava CF afronta este domingo 12 de abril ás 17.00 horas un encontro clave no campo de Carboeiro, onde se medirá ao Quiroga FC no partido de ida das semifinais da fase de ascenso a Segunda Futgal.
O equipo fai un chamamento á cidadanía e á súa afección para achegarse ao campo e dar o máximo apoio nun choque decisivo, no que o ambiente e o empuxe da bancada poden resultar determinantes para encarar con boas sensacións a eliminatoria.
O Incio CF destaca a importancia deste encontro, no que o conxunto local busca obter un resultado favorable antes do partido de volta, nunha fase da competición na que cada detalle pode ser decisivo.
O municipio prepárase así para vivir unha tarde de fútbol de alta intensidade, cun encontro que pode marcar o rumbo da tempada para o equipo.