Piden que o Concello de Sarria se adhira ao Sistema Viogén do Goberno Central

SarriaXa
O Grupo Municipal Popular de Sarria vai defender no pleno do Concello de Sarria unha iniciativa para que o goberno local inicie os trámites correspondentes para levar cabo as accións para materializar a adhesión do Concello de Sarria ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén).
PP Sarria
26 Out 2023

Os populares explican que o Sistema VioGén permite o seguimento e protección rápida, integral e eficaz das mulleres maltratadas e dos seus fillos e fillas, e iso en base a un sistema de información que facilita o intercambio de datos entre as entidades implicadas e, polo tanto, a adopción dunha resposta coordinada aos casos de violencia de xénero para previr, protexer e asistir ás vítimas, así como detectar e perseguir aos agresores.

Ademais, comentan que os seus obxectivos son reunir as distintas institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero, integrar toda a información de interese que se considere necesaria, facer predición de risco e, en función do nivel, vixiar e protexer ás vítimas en todo o territorio nacional, e realizar labores preventivas, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do “Subsistema de Notificacións Automatizadas”, cando se detecte algunha incidencia ou suceso que poida pór en perigo a integridade da vítima.

Por todo isto, xa son 49 os concellos de Galicia que están adheridos a este sistema que, desde a súa implantación, brinda protección a máis de 37.000 mulleres, polo que desde o PP de Sarria ven necesario que tamén o municipio estea adherido a este sistema.

0.19528913497925